1º CICLO
luns, 18 de setembro de 2023
mércores, 3 de maio de 2023
SAPO RAXADO
Sabemos que os anfibios non estan moi presentes na biodiversidade do Parque Nacional das Illas Atlánticas porque necesitan moita auga doce.
Pero o sapo raxado, especie en perigo de extinción, podemolo ver na Illa de Cortegada grazas a que hai bosques de loureiro que lle dan humidade ao terreo.
martes, 2 de maio de 2023
ILLA DE CORTEGADA
Se vas a Carril
nada máis chegar
verás a Cortegada
deitada no mar.
Deitada no mar
chorando por ela
van os mariñeiros
nun bote de vela.
De novo subimos a bordo e viaxamos a Illa de Cortegada. Que descubriremos aquí?
martes, 18 de abril de 2023
CABALOS GALEGOS
Estamos na Illa de Salvora, ademais de algún monumento que teremos que descubrir, tamén atopamos cabalos de pura raza galega, unha especie en perigo de extinción.
Un vídeo para aprender moito sobre este mamífero.
xoves, 13 de abril de 2023
LAGARTO OCELADO
Un réptil ben bonito que vive no Parque Nacional das Illas Atlánticas, pódese ver polas illas Ons.