martes, 18 de abril de 2023

RUMBO A SALVORA


CABALOS GALEGOS

  Estamos na Illa de Salvora, ademais de algún monumento que teremos que descubrir, tamén atopamos cabalos de pura raza galega, unha especie en perigo de extinción.


Un vídeo para aprender moito sobre este mamífero.

 


xoves, 13 de abril de 2023

LAGARTO OCELADO

  Un réptil ben bonito que vive no Parque Nacional das Illas Atlánticas, pódese ver polas illas Ons.

Descubriredes que vida tan interesante ten!




Un vídeo do lagarto arnal.

luns, 10 de abril de 2023

VIAXAMOS A ILLA DE ONS

Despois de coñecer a fauna e flora da Illa de Cíes, subimos a bordo neste super barco no peirao de Cíes, rumbo a Illa de Ons.





Que nos atoparemos alí?

O CORVO MARIÑO CRISTADO

 Xa estamos na Illa de Ons. Que fermosa!

Alí agárdanos unha ave ben bonita. O corvo mariño cristado. 



É unha ave de tamaño medio-grande, que acada de media uns 68–78 cm de longo.
 Os adultos mostran unha pequena crista ou moño durante a época de apareamento, á que lle deben o nome.
Aliméntase de peixes no mar.
O corvo mariño cristado é un dos mellores mergulladores, chegando ata profundidades de 45 m.
 Entre as causas da diminución da poboación, atópanse a mortalidade accidental directa producida por mor do afundimento do Prestige, as capturas accidentais producidas polos trasmallos e a presión que exercen sobre as colonias especies invasoras.