mércores, 7 de decembro de 2022

O APALPADOR

 A serra do Caurel é un dos lugares máis fermosos nos que alguén pode nacer e vivir. Esta nosa serra é o fogar do Apalpador, ser máxico que na nosa tradición aleda ás nenas e os nenos no Nadal con pequenos agasallos nacidos directamente da natureza. Sabemos del que é inmortal e tamén que é un velliño cheo de enerxía e bondade.

É o momento de poñerse a preparar as cartas.

preme na imaxe

sábado, 3 de decembro de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE FUNCIONAL


Así celebramos nos este día, cantando, bailando, xogando e iniciandonos na Lingua de Signos coa canción TRIBO DA BANDA DA LOBA.

martes, 22 de novembro de 2022

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

 O día 25 de novembro é o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

Crear unha sociedade libre de calquera violencia sobre as mulleres, é unha das metas que como cidadáns debemos conseguir, porque será a única forma de acadar a igualdade real entre mulleres e homes.

A cultura sempre é unha axuda para despertar e remover conciencias.

A música é capaz de despertar emocións e é un instrumento eficaz para a comunicación entre as persoas.

O longo desta semana traballaremos o RAP POLA IGUALDADE, aprenderémolo para o venres cantalo e bailalo.



sábado, 12 de novembro de 2022

A BANDA DA LOBA

A banda da Loba é un grupo de música galega integrado por cinco mulleres que uniron as súas traxectorias individuais para crear un proxecto colectivo. Mesturando popbluesfolkrock e sons tradicionais crean un estilo musical de seu, heteroxéneo e singular.

Na nosa clase comezamos a investigar sobre este grupo que soará no fio músical do colexio no mes de decembro. 


Que instrumentos tocan?


            Como se chaman? Preme na imaxe
   
 Unha canción


TRIBO


Oh, oh, oh, oh, oh
Oh, oh, oh
Oh, oh, oh, oh, oh
Oh

Oh, oh, oh, oh, oh
Oh, oh, oh
Oh, oh, oh, oh, oh
Oh

Recoller porta por porta as memorias
Contar os éxitos, contar fracasos
Levalos ata a beira, sorrir ás compañeiras
Cada unha ten un inventario

Disolver remorsos e lavar as culpas
Aclarar para sempre as vellas dúbidas
Torcer e retorcer, os medos outra vez
Tender ao sol complexos e ataduras

Aquí estou, aquí estou para ti
Aquí estás, aquí estás para min
Aquí estou, aquí estou para ti
Somos tribo, somos manda
Bandoleiras do país!
Oh oh
Do país

Molladas con auga e xabón
Clarean as penas ao sol
E calan as tristuras e soan alegrías
Entoan este himno que di

Aquí estou, aquí estou para ti
Aquí estás, aquí estás para min
Aquí estou, aquí estou para ti
Somos tribo, somos manda

Aquí estou, aquí estou para ti
Aquí estás, aquí estás para min
Aquí estou, aquí estou para ti
Somos tribo, somos manda

Oh, oh, oh, oh, oh
Oh, oh, oh, oh, oh
Oh, oh, oh, oh, oh
Oh

Oh, oh, oh, oh, oh
Oh, oh, oh, oh, oh
Oh, oh, oh, oh, oh
Oh

Oh, oh, oh, oh, oh
Oh, oh, oh, oh, oh
Oh, oh, oh, oh, oh
Oh

Oh, oh, oh, oh, oh
Oh, oh, oh, oh, oh
Oh, oh, oh, oh, oh
Oh

Aquí estou, aquí estou para ti
Aquí estás, aquí estás para min
Aquí estou, aquí estou para ti
Somos tribo, somos manda
Bandoleiras do país!



xoves, 10 de novembro de 2022

O CORPO POR DENTRO

 Continuamos coñecendo o noso corpo por dentro.

APARATO DIXESTIVO

Hoxe foi moi gracioso, comezamos contestando a pregunta, por que facemos caca?

Aquí vos deixo uns vídeos. 

Así funciona o aparato dixestivo.


Que pasa dentro no noso estómago.


E agora a última parte da dixestión, no intestino groso.


domingo, 6 de novembro de 2022

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO

Os aniversarios son unha importante celebración na que aproveitamos para reflexionar sobre o proceso escritor, facemos escritura en borrador, revisión e presentación a limpo da felicitación e invitación.

Neste pasado mes tivemos de aniversario a Raúl, Noa Ruibal e Nabia.


Lemos a invitación 



Recibimos as invitacións dos compañeiros e compañeiras




Cantamos
















Borradores

Por último fixemos a gráfica dos aniversarios






xoves, 27 de outubro de 2022

A ORIXE DO SAMAÍN


 Unha das actividades que levamos a cabo no faladoiro de hoxe foi contar a historia do Samaín.

Que sorpresa, non a coñecíamos! 




luns, 24 de outubro de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

   24 de outubro "Día das bibliotecas escolares" e como non podía ser doutro xeito os nenos e nenas fixemos actividades relacionadas con este tema. 

Imaxinamos como será a biblioteca máis bonita do mundo.

 Aínda que a nosa biblioteca é preciosa  descubrimos que hai un conto en Portugués que nos fala de como é a biblioteca Lello de Oporto, unha das máis máxicas e bonitas do mundo, máis que unha biblioteca ou libraría parece un lugar de conto.

 Portada do conto.


vídeo


Quixemos debuxar a nosa biblioteca ideal.






xoves, 20 de outubro de 2022

PUNTO DE RECICLAXE

 Así quedou o noso punto de reciclaxe. Tamén fixemos uns libros para levar a casa con información e decoramos os colectores cos nosos amigos os monstros.