luns, 24 de decembro de 2018

NADAL 2018

Xa chegou o Nadal e con el a festa.
Sen dúbida foi un día moi divertido no que todos e todas gozamos da visita dos Reis Magos, dun contacontos, xogamos con xogos tradicionais que tanto lle gusta tallar ao Apalpador e tomamos as doce uvas tamén o estilo tradicional. 
BO NADAL E FELIZ ANO NOVO.



sábado, 15 de decembro de 2018

O APALPADOR E O ARCO DA VELLA

Achegase o Nadal e non pode faltar un conto que fale de personaxes moi queridos polos pequenos.
Falo do Apalpador, personaxe mítico Galego, de profesión carboeiro que polas festas de Nadal visita aos máis pequenos para deixarlle agasallos e castañas.

Aquí vos deixo o booktrailer do Apalpador e o arco da vella.


Seguro que queredes coñecer a historia completa. A que si?
Na vindeira semana gozaremos deste conto e descubriremos toda a historia.

E como os personaxes de Nadal nesta época teñen moita importancia para os máis cativos, a semana pasada participamos no reto da biblioteca investigando  personaxes do Nadal que hai noutros lugares do mundo.


Preme na imaxe

sábado, 8 de decembro de 2018

RIDE CON NÓS

A semana pasada os alumnos e alumnas de 2º levamos a cabo unha actividade moi divertida. Contamos chistes e esmendrellamos coa risa. Aquí vos deixamos os vídeos para que non paredes de rir.


2ºA




2º B

domingo, 2 de decembro de 2018

CORPOS XEOMÉTRICOS

Esta semana pasada os alumnos e alumnas de 2º fixemos con plastilina e palillos estes espectaculares corpos xeométricos.
Construimos prismas, cubos e pirámides e medimos a altura da pirámide con regretas. Tamén houbo quen se atreveu co icosaedro.

Preme na imaxe