sábado, 31 de outubro de 2020

CHEGOU O SAMAÍN

 Onte festexamos o Samaín no colexio, aínda que non puido ser como outros anos, pasámolo xenial!

Aquí vos deixo un xogo que fixemos na aula, animádevos a xogar na casa. 

DE CABAZA A CABAZA...


                    Aprendemos moito do Samaín e do Halloween.



INVESTIGA MÁIS (preme na imaxe)


Todos disfrazados.























martes, 27 de outubro de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 O pasado 24 de outubro, celebrouse o "Día das bibliotecas escolares" e como non podia ser doutro xeito os nenos e nenas de 2ºA fixemos actividades relacionadas con este tema, pero...este ano non se pode ir a biblioteca, entón fixemos que a biblioteca viñera a aula. 

A mestra trouxonos un conto para cada un, e despois de leelo e traballar con el descubrimos que todos foran escritos por escritoras e tamén que o luns pasado foi o "Día das escritoras". 

Logo lemos o seguinte conto.


Un conto en Portugués que nos fala de como é a libraría Lello de Oporto, unha das máis bonitas e máxicas do mundo, máis que unha libraría parece un lugar de conto.


Por último debuxamos a nosa biblioteca ideal.

domingo, 25 de outubro de 2020

PARA O TEMPO DE LER

Aproveitando que as encargadas da biblioteca nos estan preparando un carriño con libros para o tempo de ler. Fixémoslle unha nota a mestra para que saiba cales son os nosos intereses. 




















venres, 16 de outubro de 2020

DÍA MUNDIAL DO LAVADO DE MANS

Os nenos e nenas adaptaronse xenial a esta "nova normalidade" que estamos a vivir. 
E para que todo siga funcionando ben, recordamos como se fai un bo lavado de mans e a importancia que ten sobre todo nestes tempos de COVID no "día mundial do lavado de mans", que foi o pasado xoves.


Escoitamos esta divertida canción.




Escribimos o proceso que debemos seguir para lavar as mans, cando as debemos lavar e calcamos a nosa man en cartolina.







martes, 13 de outubro de 2020

ANIVERSARIO DE NOA

 PARABÉNS NOA!

Así nos convidou.


  Premede na imaxe para ver as felicitacións


sábado, 10 de outubro de 2020

ALGO QUE ME PASOU

Esta semana atrevémonos a escribir unha sinxela historia que nos pasou. 
Aquí as tedes para que poidades ler o que escribiron os vosos compañeiros/as. 

preme na imaxe

luns, 5 de outubro de 2020

ANIVERSARIO DE LEO

 Temos un mes repleto de aniversarios. Hoxe é o día de Leo. 

PARABÉNS!

Con esta invitación nos convidou.


E así o felicitaron os compañeir@s da aula.