xoves, 27 de outubro de 2022

A ORIXE DO SAMAÍN


 Unha das actividades que levamos a cabo no faladoiro de hoxe foi contar a historia do Samaín.

Que sorpresa, non a coñecíamos! 




luns, 24 de outubro de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

   24 de outubro "Día das bibliotecas escolares" e como non podía ser doutro xeito os nenos e nenas fixemos actividades relacionadas con este tema. 

Imaxinamos como será a biblioteca máis bonita do mundo.

 Aínda que a nosa biblioteca é preciosa  descubrimos que hai un conto en Portugués que nos fala de como é a biblioteca Lello de Oporto, unha das máis máxicas e bonitas do mundo, máis que unha biblioteca ou libraría parece un lugar de conto.

 Portada do conto.


vídeo


Quixemos debuxar a nosa biblioteca ideal.






xoves, 20 de outubro de 2022

PUNTO DE RECICLAXE

 Así quedou o noso punto de reciclaxe. Tamén fixemos uns libros para levar a casa con información e decoramos os colectores cos nosos amigos os monstros.









A PAPAR...

MARMELO

O marmelo e o froito do marmeleiro, amarelo, voluminoso, de polpa áspera e recendente, moi empregado en confeitaría para a elaboración de doces ou marmelada.

No noso horto temos desta delicia.

Coa axuda de Tere e as mestras Ana e Mari, conseguimos facer a receita de doce de marmelo.

Probámolo cru.








Cociñamos para facer o marmelo.







Escribimos a receita.



E por último a papar.













Agora toca esperar a que a nosa arbore amadriñada nos dea o seu froito para poder facer unha nova receita.