sábado, 25 de novembro de 2017

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



Os alumnos e alumnas de 1º traballamos os esteriotipos e roles de xénero a través dos catálogos de xoguetes para Nadal.
Fixemos un debate na aula e as súas reflexións sorprendéronnos.

1ºA              
PREME NA IMAXE         

1ºB



As oito mozas de "Máis boas cás patacas " reclaman igualdade coa súa canción "Son muller".
O pasado 20 de outubro acadaron o primeiro premio do certame de música infantil e xuvenil "Quero cantar".


Que soe ben alto e claro: MULLERES FORTES E CEIBES E SE NON É ASÍ, QUE TORNE XA.

luns, 20 de novembro de 2017

OS NENOS E NENAS TEMOS DEREITOS

Hoxe, día 20 de novembro os alumnos e alumnas de 1º aprendemos cales son os dereitos fundamentales que deben ter tódolos nenos e nenas. Fixemos unhas camisetas moi especiais. 

1º A



1ºB

venres, 17 de novembro de 2017

OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

O vindeiro luns, 20 de novembro celébrase o Día Universal do Nen@ co fin de fomentar a fraternidade entre eles e o seu benestar. Elixíuse ese día por coincidir coa data na que a Asamblea aprobou a Declaración dos dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. Na aula ao longo da próxima semana traballaremos sobre este tema.










mércores, 8 de novembro de 2017

BOSQUE DE ROSALÍA

Onte todo o centro plantou landras para axudar a reforestar o que levaron os incendios.
Os alumnos/as trouxeron landras da casa. 
No colexio seleccionamos as sans, lixámolas, comprobamos se afundían na auga para asegurarnos de que sexan boas e despois plantamos as landras no envase de cartón.
Agora toca coidalas con moito agarimo e esperar a que medren. 

















xoves, 2 de novembro de 2017

CONTOS DE MEDO

Despois de ler moitos contos de medo, decidimos converternos en escritores/as e ilustradores/as.

PREME NA IMAXE


PREME NA IMAXE





mércores, 1 de novembro de 2017

CELEBRAMOS O SAMAÍN E O MAGOSTO

Onte todo o colexío festexamos o Samaín e o Magosto.
Despois de toda a semana preparándonos, chegou o día, e...
FOI XENIAL!

Os nosos medos saíron a voar.


Alumnos/as de 5º viñeron a lernos contos de medo.


Fixemos un circuito de xogos populares:
 papacastañas
 carreira de castañas
cordas
carreira de sacos
carreira de chapas
lanza castañas


E como non, comemos castañas orgullosos dos nosos cucuruchos tan orixinais.


E para rematar un día cheo de emoción, a gañadora do concurso de "ARTE TERRORÍFICO" na categoría de 1º e 2º foi 
"LUCÍA GUERRA VIDAL"


PARABÉNS!!