sábado, 28 de outubro de 2017

ESTÁ O SAMAÍN A PETAR NA PORTA

Ademais de cabazas, calacús ou botefas e tempo de castañas, repolos, patacas e de recoller sementes de árbores autóctonas para reforestar o que levaron os incendios.
Veña! Ide escollendo disfrace, e por suposto non esquezades pasar pola biblioteca do cole e parar no recuncho especial de Samaín. Atoparades un montón de lecturas que vos gustarán.

QUEN DIXO MEDO?


martes, 24 de outubro de 2017

ACHÉGASE O SAMAÍN

Xa está preto a celebración máis terrorífica de todo o ano. É tempo de cabazas, bruxas, esqueletes, pantasmas e vampiros. E tempo de que saían a voar os nosos medos.


É sobre todo é tempo de ser un artista espantoso e pasalo moi ben.

ANIMATE A PARTICIPAR!

E se queredes pescudar e escoitar cantos e danzas desta época, premede na seguinte ligazón.



DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe, día 24 de outubro, celébrase o "Día das bibliotecas escolares" e como non podía ser doutro xeito, os alumnos/as de 1ºA e 1ºB fixemos unha actividade moi divertida na biblioteca. 
"Os amigos lectores" 




venres, 20 de outubro de 2017

UN DÍA DE MUSEO

Hoxe foi un día moi especial. Visitamos o museo organizado polos alumnos/as de sexto.
 GRANDES EXPERTOS!
Puidemos ver exposicións de astronomía, minerais, antigüidades, experimentos...


Gustounos tanto a experiencia que estamos desexando volver a outro museo.

martes, 17 de outubro de 2017

NUNCA MÁIS

Os nenos e nenas merecemos un futuro sen lume!
Así o explican os alumnos/as de 1º.






luns, 16 de outubro de 2017

venres, 13 de outubro de 2017

PROXECTO "O MAR"

Esta semana comezamos o proxecto anual de centro. 
O MAR


Os nenos e nenas de 1º saben moitas cousas do mar e queren aprender moitas outras. 
Estan desexando mergullarse para descubrir os misterios que agocha.




Xa comezamos a traer material para facer o noso recuncho de investigación.












luns, 9 de outubro de 2017

MATEGLETAS

Os alumnos e alumnas de 1º aprenden matemáticas coas regletas.
QUE DIVERTIDO!
 COÑECEMOS AS REGLETAS

 CONSEGUIMOS FACER A ESCALEIRA

XOGAMOS A COÑECELAS POLO TACTO

luns, 2 de outubro de 2017

OLA SIRIA!

A semana pasada chegou a tódalas aulas do colexio unha carta de benvida. Era Siria.
Contounos moitas cousas interesantes, unha delas e que lle encanta o MAR e que este ano quere descubrir connosco tódolos misterios que agocha. 
Tamén nos deixou un agasallo moi especial para tódolos nenos/as de primeiro.
A AXENDA ESCOLAR

                                         
GRAZAS SIRIA POR ESTE AGASALLO TAN ESPECIAL!

Para rematar a mañá fomos a biblioteca a estrear a nosa axenda. Pasámolo xenial con Siria.