mércores, 31 de xaneiro de 2018

DÍA DA PAZ

Os alumnos e alumnas de 1º celebramos o día da Paz con moita ilusión e por suposto con moita paz. 
Respondemos a pregunta, que cousas podemos facer no colexio para que haxa paz?
Despois escribimos mensaxes e decoramos pombas inspiradas no conto de IMAGINE, imaxinando o colexio e o mundo en paz. 
Como di a canción de John Lennon "é fácil, inténtao, non costa tanto"
                                      

  

                                   



Todo o centro elaboramos un mural sobre a Paz.
       Non é Paz                                       Si é Paz   


Por último saímos todo o colexio ao patio a escoitar un manifesto sobre a Paz que nos leron os alumnos e alumnas do club de convivencia e a cantar a canción de IMAGINE. 
             







mércores, 24 de xaneiro de 2018

IMAGINE

O día 30 de xaneiro celebramos o "Día da non violencia e a Paz.
Este ano traballamos o conto coa letra da inmortal canción de John Lennon. 
IMAGINE é un conto infantil sobre os valores da paz e a tolerancia.

Booktrailer


Videocuento



luns, 22 de xaneiro de 2018

CAPA CONTACONTOS

Tódolos luns na aula do xardín botánico podemos gozar de contacontos. 
O Apalpador, Papá Noel e os Reis Magos, ademais de outros agasallos estupendos, deixáronnos unha capa contacontos. Encántanos!
Pero...tiñamos un problema porque queríamos facer o contacontos  por parellas e necesitabamos outra capa, de modo que pedímoslle unha prestada a mestra Ana e asunto resolto. 

Estreamos a capa contacontos con Adrián e Ainhoa.



Hoxe tocoulle  a Alex e Alicia.



domingo, 14 de xaneiro de 2018

BARQUIÑOS DE PAPEL

Queremos propoñervos unha actividade artística e literaria relacionada co proxecto do mar.
Seguro que sabedes facer barquiños de papel, a que sí? 
Pois poñédevos mans a obra e todos e todas a construir barcos, as nosas aulas converteranse en plácidos oceanos nos que navegarán os barcos que fabriquedes. 
Por se alguén non se acorda como se facian déixovos un vídeo que vos axudará moito.


Os barcos deben ter as seguintes características:
- Ser artísticos, é dicir, que sexan moi bonitos e orixinais, que fagan que calqueira do colexio desexe pertencer a vosa tripulación. 
- Ser literarios, deben levar algo escrito por vos. Poñede a imaxinación a voar e escribide unha rima, unha frase orixinal, un mini conto, un chiste...ou o que se vos ocorra.
- E por último os barcos teñen que estar feitos con material de reciclaxe ou refugallo.

Imagen relacionada

ENCHAMOS DE BARCOS AS NOSAS AULAS!

venres, 12 de xaneiro de 2018

COMEZAMOS O 2º TRIMESTRE

Aquí estamos de volta, comezando o 2º trimestre con moita forza para continuar aprendendo moitas cousas novas. 
Seguimos traendo material para o noso recuncho do proxecto              "O MAR", xa temos todo tipo de moluscos e moitos libros para seguir pescudando. Nesta semana xa nos metemos de cheo en novas investigacións.

Así estan os nosos recunchos



Máis material





Pescudando en equipo






E grazas a mestra Bea,tivemos na aula un peixe globo de verdade.Encantounos!