sábado, 24 de febreiro de 2018

DÍA DE ROSALÍA

Tal día coma hoxe nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela e comezaba a vida dunha loitadora que nos serve de exemplo en moitos ámbitos vitais. Figura indispensábel na literatura femenina escrita no século XIX. Para celebrar o seu día, o longo da semana levamos a cabo diferentes actividades, decoramos rosas para facer un ramo ben orixinal e traballamos o poema "Adiós ríos, adiós fontes". Así nos quedou.
                                       



POEMA ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES. Cantares Gallegos
                           
1ºA

1ºB


"SEMPRE ROSALÍA"
   


xoves, 15 de febreiro de 2018

O MEU BARCO

O meu barco é un bonito poema de Manuel María publicado no seu libro "OS SOÑOS NA GAIOLA"



Os alumnos e alumnas de 1º aprendemos de memoria e recitamos este poema coma auténticos poetas. 




Tamén xa temos construido o noso placido océano cos barcos de papel literarios. Ollade como quedaron. 
















venres, 9 de febreiro de 2018

ENTROIDO MAREIRO

Celebramos o entroido no colexio! Un día de festa rachada, moita diversión no que o máis importante é disfrazarse e pasalo ben. No entroido case todo vale é tempo de risas e mofas e como non, de grandes comilonas: cocido, orellas, filloas...No colexio, cocido non tivemos pero do resto non faltou de nada e todo moi agradable ao padal.
Tampouco faltaron disfraces de todo tipo relacionados coa temática do mar. Os nenos e nenas de primeiro disfrazáronse de peixes e bailaron e cantaron xeniallll. 

Actuación completa


Preme na imaxe para ver as fotos do día



mércores, 7 de febreiro de 2018

AQUÍ ESTÁ O ENTROIDO

Esta semana xa se nota que estamos de entroido no colexio! Comezamos o luns con flores na cabeza, o martes un zapato de cada cor, hoxe mandís e para mañá non esquezades o pixama. 
Por suposto o venres reservade o día para o noso entroido mareiro, témosvos argallado un baile, nesta ocasión con música de mamá cabra a canción de Glu, Glu,Glu.
Agardámosvos co voso disfrace de peixe para unha festa rachada.