domingo, 30 de setembro de 2018

CLASSDOJO

Este curso imos empregar a aplicación classdojo para animar e fomentar nos nenos e nenas habilidades como o esforzo, amabilidade, axudar os compañeiros e compañeiras e... moito máis.


Cada neno e nena elixiu o seu monstro.















EU COÑEZO PADRÓN, E TI?

Comezamos o proxecto anual deste ano cunha gran sorpresa, recibindo unha carta de Siria. Deixounos pistas polo corredor e finalmente a carta estaba na biblioteca. 






Logo  démoslle a benvida incluíndoa na nosa axenda e xa lle contestamos que lle imos axudar a pescudar para coñecer Padrón a fondo.




Sabemos moitas cousas de Padrón pero hai moitas outras que temos que pescudar.


domingo, 16 de setembro de 2018

XA ESTAMOS DE VOLTA!

O novo curso xa está aquí e os nenos e nenas de 2º veñen coas enerxías renovadas. Esperamos que as manteñan o longo de todo o curso, que sexa un ano moi divertido e cheo de boas experiencias inesquecibles. 
Benvidos a todas e a todos! 
Comezamos!

 No primeiro día xa tivemos a visita do director e de moitas mestras.






 No ensaio para voltar o comedor escolar.

No patio pasámolo xenial.




E na aula fixemos un mural no que expresamos ideas ben interesantes.