xoves, 25 de outubro de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O día 24 é unha data sinalada como "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES"  e o lema deste ano é "POETICAS DIVERSAS na biblioteca escolar".  Os alumnos e alumnas de 2º encántanos a nosa biblioteca xa que podemos facer moitisimas actividades. O pasado mércores xogamos coas palabras e contamos moitas adiviñas de alimentos.

Así quedaron


Pero... as ras e os grilos, comense?
Pois os nenos e nenas descubrimos que se comen as ancas de ra e en Asia os grilos, seica que estan moi saborosos!

domingo, 21 de outubro de 2018

RECUNCHO DE PADRÓN

Os alumnos e alumnas trouxeron moito material para crear o recuncho de Padrón. Comezamos a investigar da nosa vila, e xa descubrimos cousas ben interesantes. Irémosvos contando.


















De momento, así nos quedou.