luns, 26 de novembro de 2018

NON

O 25 DE NOVEMBRO É O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Os alumnos e alumnas de 2º non miramos para outro lado e o longo da mañá levamos a cabo actividades e xuntámonos para berrar ben forte: NON


















Logo saímos o patio a berrar ben forte "NON A VIOLENCIA DE XÉNERO"





Por último na aula cantamos a canción "Son muller"

sábado, 24 de novembro de 2018

QUE CHE DA MEDO EN PADRÓN?

Aló polo Samaín, decidimos participar no reto da biblioteca o que nos convidou Siria. Tratábase de crear unha composición cun debuxo ou fotografía dun lugar do noso concello que nos dera medo e explicar por que.
Así nos quedou.

A HORTA

Estamos moi ilusionados porque os alumnos e alumnas de 2º participamos na construción da horta. Coa axuda de expet@s comezamos a construir o horto que coidaremos o longo de todo o curso, e aló polo mes de febreiro xa teremos alguns alimentos.
Estivemos moi atentos as explicacións dos expert@s,  preparamos a terra para logo plantar leitugas, chícharos...axudamos a construir o perímetro do horto e tamén buscamos bichos e follas de todo tipo. 


martes, 6 de novembro de 2018

DESCRIBIMOS

Así describiron os alumnos e alumnas de 2ºA, as cabazas que tallaron e decoraron polo Samaín.

Preme na imaxe

xoves, 1 de novembro de 2018

CHEGOU O SAMAÍN E O MAGOSTO AO ROSALÍA



Unha semana de preparativos para o mércores pasar un día de medo, diversión e troula. 
Aquí vos deixo un vídeo resumo da celebración do Samaín e magosto.