martes, 23 de febreiro de 2021

OS NOSOS BARCOS

E agora si! Xa temos barcos para poder navegar polas Illas do Parque Nacional Atlántico. Daquela, calquera destes días subiremos a bordo e navegaremos de Cíes a Ons. 





luns, 22 de febreiro de 2021

A GAIVOTA PATIAMARELA

 Antes de viaxar a outra Illa do Parque Nacional, queremos investigar a gaivota patiamarela, unha ave que  podemos ver polas Illas Cíes.








luns, 15 de febreiro de 2021

A BARCA

 Achegase o aniversario da nosa poeta Rosalía de Castro, e  para celebralo ímosnos converter en poetas.

Recitaremos un poema que se títula A BARCA.


Rosalía de Castro



BARCAS E BARCOS DE PAPEL

Ademais dunha actividade literaria quero propoñervos que tamén sexa artística. 

Seguro que sabedes facer barcas de papel, a que sí?

Pois, poñédevos mans a obra e todas e todos a construir barcas ou barcos. 

Deben ser artísticos, e dicir que sexan moi bonitos e orixinais e teñen que estar feitos con material de reciclaxe ou refugallo.

Por se alguén non se lembra como se facian deixovos algún vídeo que vos pode axudar.



ENTROIDO 2021










luns, 8 de febreiro de 2021

É TEMPO DE ENTROIDO!

 É tempo de entroido, de festa, de máscaras, de filloas e de cocido. E que pasa cando se xuntan algúns dos personaxes máis senlleiros do Entroido para darse unha boa paparota? Que non deixan nin a vergonza do Galego!

Esta semana traballaremos este conto. 

preme na imaxe


mércores, 3 de febreiro de 2021

INVESTIGAMOS AS ANEMONES DE MAR

As anemones son animais invertebrados con forma vexetal que poden medir entre 2 e 50 cm de diámetro.
Viven pegadas as rochas en sitios luminosos e son carnívoras. Algúns peixes son inmunes as toxinas dos tentáculos e poden vivir entre elas para protexerse de depredadores.
Son de cores brillantes e longos tentáculos que se moven coma fideos. Ademais son urticantes que quere dicir que se as tocas pican.