xoves, 23 de marzo de 2023

O TOXO

 Seguimos investigando sobre o reino vexetal das Illas Cíes. 

Toca pescudar sobre o toxo costeiro, Ulex europaeus.

A flor de toxo, o alecrín, colorea a matogueira costeira do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

 É un arbusto espiñento, que pode medir ata 3 metros.






Que bonito!

martes, 21 de marzo de 2023

DÍA DA POESÍA

 

Inventamos un poema para os nosos amorodos e para o laranxeiro que temos amadriñado.


E comezamos a investigar sobre o reino vexetal das Illas Cíes.

HERBA DE NAMORAR


 A herba de namorar. Armeria maritima, é unha planta de folla perenne. 
Medra formando pequenos matos compactos duns 20 ou 30 cm.


As flores poden ser  de cor branca, vermella, ou lila.




AS FOLLAS DOS ARBUSTOS E DAS ÁRBORES



luns, 20 de marzo de 2023

XA ESTÁ AQUÍ A PRIMAVERA

 


Hoxe 20 de marzo comeza a primavera, concretamenta ás 22:24 horas. 

ACHEGASE O DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

 Hoxe quentamos motores para mañá. 

 Sabemos que para chegar ao Parque Nacional das Illas Atlánticas necesitamos ir en barco. 

Recitamos o seguinte poema.





venres, 17 de marzo de 2023

TERCEIRA SEMANA DE MODO GALEGO ACTIVADO.

 XA CASE REMATAMOS! 

 NON, NON IMOS REMATAR, CHEGAMOS AO ACORDO DE QUE IMOS CONTINUAR CO MODO GALEGO ACTIVADO.

Aquí a reflexión desta semana.

Primeiro a nivel oral, logo coa estructura cooperativa de folio xiratorio recollemolas por escrito.











Aquí o rexistro do noso compromiso.








luns, 13 de marzo de 2023

GAIVOTA PATIAMELA

 Hoxe Iago trouxonos unha ave que podemos ver polas illas de Cíes. 


Neste conto descubrimos o seu nome. A gaivota patiamarela.

preme na imaxe

Agora queremos investigar moito máis sobre esta gaivota tan bonita.

 




venres, 10 de marzo de 2023

SEGUNDA SEMANA DE MODO GALEGO ACTIVADO

 SEGUNDA SEMANA

Traballamos a árbore lingüística familiar.

Expoñémolas para toda a clase e reflexionamos sobre a nosa lingua e a que percibimos dos nosos proxenitores. 











Xa estamos rexistrados no Seminario de Estudos Galegos.






Aquí o noso rexistro da evolución do modo galego activado. 







A pola 3º semana e máis!