venres, 22 de decembro de 2017

FESTA DE NADAL

Como cada ano, no Ceip Rosalía de Castro celebramos o  Nadal con música, actuación de maxía, a entrado do novo ano e os Reis Magos fixeron un oco na súa apretada axenda e visitaron o noso cole para pasar un anaco divertido e repartir caramelos e gusanitos. 


Preme na imaxe para ver as fotos

BO NADAL!


ESTE NADAL, ROMPE COS ESTEREOTIPOS

Ansiosamente agardamos a chegada de Papá Noel, do Apalpador ou dos Reis Magos. 



O xogo é unha poderosa ferramenta educativa, indispensábel para o desenvolvemento da nena e do neno.

Mural elaborado polos alumnos de 1º


APRENDIZAXE COOPERATIVA

DINÁMICAS DE COHESIÓN DE GRUPO
O obxectivo principal das técnicas correspondentes a este ámbito é fomentar o coñecemento mutuo, a participación, a pertenza ao grupo-clase e que se cree un bo clima de aula. Para que os nenos/as poidan traballar xuntos é necesario que se coñezan e que o grupo clase se cohesione.

O longo deste trimestre leváronse a cabo as seguintes dinámicas de cohesión:
A pelota:Trátase dun xogo para que tódolos alumnos aprendan os nomes dos seus compañeiros, unha vez que xa saben os nomes introducense variantes, como dicir o nome e unha cualidade súa.


A tea de araña:Con esta dinámica o final crease unha tea de araña e a mestra destaca que todos somos moi importantes para sostela e que se un solta o cordel todo se desfai. Formamos un grupo no que a colaboración de cada un é necesaria.



Debuxar a cara coas letras do nome: O obxetivo da actividade é que os alumnos/as se recoñezan entre si. Deben representarse así mesmos para que poidan ser identificados.


Así quedaron, a ver se adiviñades:



mércores, 6 de decembro de 2017

PUBLICIDADE

Este trimestre pasámolo moi ben comendo froita. Gañamos moitos FROITICASH que trocamos tódolos mércores por xogos.

E AGORA, UNS MINUTIÑOS DE PUBLICIDADE.
VOLTAMOS DE CONTADO!