DINÁMICAS DE COHESIÓN DE GRUPO
O obxectivo principal das técnicas correspondentes a este ámbito é fomentar o coñecemento mutuo, a participación, a pertenza ao grupo-clase e que se cree un bo clima de aula. Para que os nenos/as poidan traballar xuntos é necesario que se coñezan e que o grupo clase se cohesione.
O longo deste trimestre leváronse a cabo as seguintes dinámicas de cohesión:
A pelota:Trátase dun xogo para que tódolos alumnos aprendan os nomes dos seus compañeiros, unha vez que xa saben os nomes introducense variantes, como dicir o nome e unha cualidade súa.
A tea de araña:Con esta dinámica o final crease unha tea de araña e a mestra destaca que todos somos moi importantes para sostela e que se un solta o cordel todo se desfai. Formamos un grupo no que a colaboración de cada un é necesaria.
Debuxar a cara coas letras do nome: O obxetivo da actividade é que os alumnos/as se recoñezan entre si. Deben representarse así mesmos para que poidan ser identificados.
Así quedaron, a ver se adiviñades:
Ningún comentario:
Publicar un comentario