luns, 30 de abril de 2018

EXPERIMENTOS DE AUGA

A semana pasada os alumnos e alumnas de 1º asistimos a unha sesión de experimentos de auga organizada polo alumnado de 6ºA. 
Ademais de aprender que a auga é un ben de primeira necesidade, descubrimos que esconde principios básicos da ciencia e curiosidades dun dos elementos máis importante do planeta.
Pasamos un anaco cos compañeiros de 6º mentres aprendemos ciencia divertida. Moitas grazas.



























luns, 23 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO

O día 23 de abril foi elexido como "Día internacional do libro" porque coincide co falecemento de Miguel de Cervantes e Willian Shakespear, na mesma data do ano 1616.
Así o representaron hoxe os nenos e nenas de primeiro,
"Co bigote de Don Quixote"



Despois a biblioteca encheuse de nenos e nenas de primeiro para facer un feixe de selfis co seu conto favorito. Selfis individuais, con amigos e amigas e en tódolos recunchos da biblioteca.

Primeiro praticamos moito facendo autorretratos e escribimos como se fan para que nos saíran xenial!


E así nos quedaron na biblioteca.
Preme na imaxe para ver o vídeo.

FELIZ DÍA DO LIBRO E BOAS LECTURAS!

domingo, 8 de abril de 2018

COMEZAMOS O 3º TRIMESTRE

Comezamos o último trimestre do curso con unha semana moi intensa. Xa nos iniciamos no coñecemento de Maria Victoria Moreno, escritora homenaxeada este ano nas letras galegas. Asistimos a biblioteca ao contacontos do seu libro "EU CONTO, TI CANTAS..."
                                         eu conto, ti cantas...-maria victoria moreno marquez-9788497823586






O venres, día internacional do deporte, realizamos unha sesión de ioga, técnica de reflexión e exercicio físico procedente da India.
Pasámolo xenial, grazas as mestras de infantil que nos convidaron e a Ania, gran profesional que veu ao colexio a ensinarnos algunhas posturas de ioga.








MOITAS GRAZAS