Comezamos o último trimestre do curso con unha semana moi intensa. Xa nos iniciamos no coñecemento de Maria Victoria Moreno, escritora homenaxeada este ano nas letras galegas. Asistimos a biblioteca ao contacontos do seu libro "EU CONTO, TI CANTAS..."
O venres, día internacional do deporte, realizamos unha sesión de ioga, técnica de reflexión e exercicio físico procedente da India.
Pasámolo xenial, grazas as mestras de infantil que nos convidaron e a Ania, gran profesional que veu ao colexio a ensinarnos algunhas posturas de ioga.
MOITAS GRAZAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario