MARÍA VICTORIA MORENO, UNHA HISTORIA DE AMOR
Este ano, no día das Letras Galegas celebramos unha homenaxe a María Victoria Moreno, con admiración pola súa obra literaria, polo entusiasmo co que conduciu o seu traballo profesoral, pola entrega coa que participou da dignificación e ensino do galego.
Dúas grandes paixóns percorreron a vida de María Victoria Moreno: a literatura e as linguas, especialmente en galego, e a docencia.
A data da celebración, o 17 de maio, débese a que en tal día como hoxe, en 1863 publicouse Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro,
que moi ben coñecemos no noso colexio.
Esta semana preparamos poemas da obra "EU CONTO, TI CANTAS..." da escritora homenaxeada.
IMAXINA QUE O MUNDO FOSE UNHA GRAN BIBLIOTECA!
Decidimos agasallar ao mundo con poesía, fixemos unha chea de poemas para deixar pola vila de Padrón, en un banco, nunha fonte, colgado dunha árbore... para que poidades gozar da súa lectura e logo deixalo noutro lugar que ti prefiras.
preme nas imaxes para ver os vídeos
Aquí vos deixo uns vídeos para gozar no día de hoxe.
VICTORIAMORENO, MESTRA CON ALMA
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS