domingo, 13 de maio de 2018

UNHA SEMANA CHEA DE ACTIVIDADES

Acabamos de vivir unha semana con moitas actividades interesentes e moi divertidas.
O martes asistimos a biblioteca cos alumnos e alumnas de infantil e 2º a unha sesión de contacontos con música. 










O mércores antes do recreo fomos ao teatro no auditorio municipal de Padrón. "O XARDÍN DOS CONTOS" un conto dramatizado do texto de M.Lourenzo, onde as flores cantan, os tigres pasean, os dragóns precisan da amizade...Todo isto interpretado polo alumnado das Aulas Senior de Padrón nunha actividade interxeracional.













De volta ao colexio fomos a biblioteca a dar un paseo por Europa.

 Os alumnos e alumnas de infantil e primaria crearon uns stands interativos e informativos. Tivemos a oportunidade de ver exposicións de Islandia, Portugal, Alemania, Italia, Grecia, Holanda, Islandia e Francia. Tamén probamos algún prato típico do país, como en Islandia que nos convidaron a iogur de amorodo, estaba delicioso!





















Parabéns a todo o alumnado e profesorado por este gran traballo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario