xoves, 21 de xuño de 2018

FELIZ VERÁN



ESTE VERÁN NON ESQUEZAS...

Preme na imaxe

SORPRESA!

E no último día tivemos unha gran sorpresa, recibimos unha carta de despedida da nosa mascota da biblioteca "SIRIA" e un agasallo como premio polo noso gran traballo ao longo do curso, un marcapáxinas para que gocemos das lecturas de verán.








RUMBO AO ESPAZO

Neste 3º trimestre levamos a cabo o proxecto "RUMBO AO ESPAZO". Construimos un libro de lapelas con todo o que fomos pescudando; a lúa, o sol, a terra, a galaxía...
Esta semana esplicámosllo aos alumnos de infantil.Pasamos un anaco moi agradable compartindo o que aprendemos.











































OS NOSOS CARBALLOS

Aló polo mes de novembro plantamos carballos para no vindeiro curso crear o bosque de Rosalía. 
Estamos moi orgullosos dos nosos carballos.


Ao longo do curso levamos a cabo moitas actividades:
                     Regamos a diario.
Rexistramos o crecemento semanalmente.


Buscamos información no libro de ciencias.




Ordenámolos por tamaño. 
Escribimos historias.
Decoramos as camisetas para a actuación do festival de fin de curso con follas de carballos.






AGORA TOCA COIDALOS DURANTE TODO O VERÁN