Esta semana o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria asistimos a biblioteca a un contacontos de medo, contado pola propia escritora e ilustradora, Altagracia Bescansa.
Jimmy Escalofríos é un neno de sete anos que sofre de medos nocturnos. A pesares de que a súa familia e el mesmo se repita que todo esta na súa cabeza, a súa imaxinación fai que cada noite as sombras, pantasmas e monstros aparezan en canto se apaga a luz. Esta entrañable historia rimada levaranos desde o cuarto de Jimmy ata o cuarto dos seus pais, onde todo comeza a mudar...
Despois de escoitar o conto, os nenos e nenas entregáronlle o debuxo do seu medo a escritora Altagracia Bescansa, que lle deu marabillosas ideas para superar eses medos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario