domingo, 27 de xaneiro de 2019

A PAZ

Achegase o "día escolar da non violencia e da Paz", nesta data lembrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto os dereitos humanos e a non violencia e a paz.
Nesta semana recordaremos, por que se celebra o 30 de xaneiro?
E gozaremos do seguinte conto.

Este libro, fermosamente ilustrado, narra a historia de Malala para os lectores máis novos e amosa como se pode abrazar a esperanza, mesmo nos momentos máis difíciles.




O BOSQUE DO ROSALÍA

O pasado luns fixemos realidade o bosque do Rosalía, plantamos os nosos carballos que o longo de todo o curso pasado e durante o verán coidamos con moito agarimo. 
Tarefa ardua e fermosa que comezamos o pasado curso coa recollida de landras por parte do alumnado e das familias. 
Esperabamos este día con ansia.

               



                 

                  

                  












Como foi algo moi interesante que sucedeu no colexio, o día seguinte saímos no xornal, na aula lemos a noticia e analizámola.

                          


 Por último quedaba facer nos de xornalistas e escribir a noticia.

                                     

mércores, 16 de xaneiro de 2019

365 PINGÜINOS

Nos vindeiros días gozaremos do conto "365 PINGÜINOS", con este conto seguiremos aprendendo moito de números e do medio ambiente.
Aquí vos deixo o vídeo resumo. 



COMEZAMOS O 2º TRIMESTRE

Comezamos o 2º trimestre con unha gran sorpresa.
 Fomos a biblioteca e descubrimos que os nosos personaxes favoritos de Nadal deixáronnos uns agasallos moi especiais.
Unha maleta, que o longo deste trimestre veredes polos vosos fogares.



Tamén nos deixaron un abecedario, un almanaque e un termómetro para a asemblea, e unhas táboas de multiplicar, que nesta semana investigando en informática xa descubrimos para que serven e porque as temos que aprender de memoria. 
Quedamos ben sorprendidos porque xa sabíamos multiplicar en primeiro, e nos sen sabelo!