O pasado luns fixemos realidade o bosque do Rosalía, plantamos os nosos carballos que o longo de todo o curso pasado e durante o verán coidamos con moito agarimo.
Tarefa ardua e fermosa que comezamos o pasado curso coa recollida de landras por parte do alumnado e das familias.
Esperabamos este día con ansia.
Como foi algo moi interesante que sucedeu no colexio, o día seguinte saímos no xornal, na aula lemos a noticia e analizámola.
Ningún comentario:
Publicar un comentario