luns, 30 de novembro de 2020

PREMIADOS


 E aquí estan os gañadores do concurso de ciencias en galego. Parabéns para tódolos participantes en especial a Dani e a Mariña! Parece ser que o xurado o tivo moi difícil para elexir aos gañadores. 

 


mércores, 25 de novembro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 

Hoxe comezamos o día, como non podia ser de outro xeito, recordando as mulleres.

Afondamos no coñecemento dunha muller incansable investigadora, a primeira en gañar un Premio Nobel, a primeira persoa en gañar dous e a primeira profesora na universidade de París.



Ela tamén sufriu a violencia só polo feito de ser muller. Para poder ir a universidade tivo que marchar do seu País (Polonia) xa que estaba prohibido para mulleres. 
Traballamos a importancia de educar en igualdade. 
Preme na seguinte imaxe para ver contos que axudan a entender a igualdade.




E descubrimos que a nós tamén nos gusta a ciencia.

Preme na imaxe





ANIVERSARIO DE MARIÑA

 PARABÉNS MARIÑA!



luns, 23 de novembro de 2020

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

 O mes de novembro está adicado á Ciencia en Galego. Porque a nosa lingua serve para facernos chegar lonxe, tamén no ámbito científico. Xurxo Mariño Alfonso é o encargado de redactar o Manifesto da celebración deste ano: O feitizo da ciencia. Podedes acceder premendo aquí.

Animádevos a participar no concurso proposto para este ano, enviando o voso vídeo dun experimento ao correo "namoratedalingua@gmail.com".

Ademais esta semana xa comezamos a coñecer a unha científica de premio Nobel.

MARIE CURIE

Os seus estudos e investigacións foron encamiñados sempre a mellorar a vida dos demáis. Non quixo patentar os seus descubrementos para que todo o mundo poidera acceder a eles libremente e así curar a máis xente, adicou os seus cartos a salvar vidas, por exemplo invertindo en unidades móviles con raios X para curar os soldados que loitaron na 1º guerra mundial. Por encima do seu prestixio persoal, do seu enriquecemento, estaba o ben común, a mellora da ciencia e a súa aplicación ao mundo da menciña e a atención aos enfermos.

Grazas as súas investigacións e descubrimentos sobre a radiactividade, podemos facer radiografías que nos permiten ver o interior do noso corpo.


mércores, 18 de novembro de 2020

ANIVERSARIO DE ENEKO

Parabéns Eneko! Aquí che deixo tódalas felicitacións dos teus amigos e amigas.


sábado, 7 de novembro de 2020

UNHA MARABILLA

 Esta semana pasou algo sorprendente na nosa aula. O luns cando chegamos a aula había un pergamiño, un sobre e unha caixa. 

Abrimos o pergamiño e tiña unha mensaxe moi inquietante.



De inmediato abrimos o sobre, tiñamos que descubrir quen necesitaba axuda.


Unha carta de Siria, a nosa mascota da biblioteca.


Abrimos a caixa foi todo unha sorpresa. Tiñamos que seguir unhas pistas para descubrir unha das marabillas de Galicia.



Nunha das pistas,tiñamos que inventar un nome para o noso equipo, xa que temos que enchouparnos de cooperación.
Así quedaron.





E seguindo tódalas pistas, conseguimos descubrir cal é a marabilla de Galicia.







Agora toca investigar que significa GASTRONOMÍA e por que é unha marabilla de Galicia.
O longo da semana, xa estivemos pescudando e con este vídeo xa descubrimos algo.



E para continuar investigando, esta fin de semana tedes que comezar este rexistro.