O mes de novembro está adicado á Ciencia en Galego. Porque a nosa lingua serve para facernos chegar lonxe, tamén no ámbito científico. Xurxo Mariño Alfonso é o encargado de redactar o Manifesto da celebración deste ano: O feitizo da ciencia. Podedes acceder premendo aquí.
Animádevos a participar no concurso proposto para este ano, enviando o voso vídeo dun experimento ao correo "namoratedalingua@gmail.com".
Ademais esta semana xa comezamos a coñecer a unha científica de premio Nobel.
MARIE CURIE
Os seus estudos e investigacións foron encamiñados sempre a mellorar a vida dos demáis. Non quixo patentar os seus descubrementos para que todo o mundo poidera acceder a eles libremente e así curar a máis xente, adicou os seus cartos a salvar vidas, por exemplo invertindo en unidades móviles con raios X para curar os soldados que loitaron na 1º guerra mundial. Por encima do seu prestixio persoal, do seu enriquecemento, estaba o ben común, a mellora da ciencia e a súa aplicación ao mundo da menciña e a atención aos enfermos.
Grazas as súas investigacións e descubrimentos sobre a radiactividade, podemos facer radiografías que nos permiten ver o interior do noso corpo.
Xenial !!! 👏👏
ResponderEliminarEstivemos incluso buscando os ósos que aparecen na radiografía, no noso brazo 😅