luns, 22 de marzo de 2021

RESOLVEMOS PROBLEMAS

 Aquí vos deixo uns problemas relacionados co Parque Nacional das Illas Atlánticas, proxecto que estamos levando a cabo neste trimestre.

Para resolvelos podedes empregar as tapas e regletas tal e como vistes no xogo que vos puxen no classdojo.

mércores, 17 de marzo de 2021

CABALO DE PURA RAZA GALEGA

 Estamos na Illa de Salvora, ademais do monumento da Serea Mariña, tamén atopamos cabalos de pura raza galega, unha especie en perigo de extinción.



Un vídeo para aprender moito sobre este mamífero.

RUMBO A SALVORA

 Hoxe pasou algo espectacular na nosa aula.

Levamos a cabo unha tarefa deseñada pola mestra Sara que está de prácticas na nosa aula.

Nada máis comezar a mañá chegou o colexio unha caixa que nos enviou unha tal Mariña. Pero... non se trataba da nosa boa compañeira Mariña, non, non, tratábase de outra que non tiñamos nin idea.

Entón escoitade o que descubriu Sara a través dunha amiga. 

Escoitámolo na aula e parecía moi interesante!


Estaba claro que tiña relación con algunha Illa do Parque. 
Abrimos a caixa e o primeiro que atopamos foi unha lenda. Tocaba ler e descubrir de que trataba.


Traballamos a lenda.


Deseguido tocaba abrir os sobres.


Quedamos abraiados! O sobre grande contiña un billete de barco para a Illa de Salvora e unhas instrucións que tivemos que ler con moita atención xa que logo tiñamos que resolver uns problemas para o final, poder construir un crebacabezas.




Resolvendo os problemas.




Conseguimos as pezas do rompecabezas, iso si, había moitas pistas falsas.



E por fin, despois de traballar duro resolvendo tódolos problemas, descubrimos de que se trataba.

O MONUMENTO DA SEREA MARIÑA, que se atopa na Illa de Salvora.

Ah!! E o billete de barco para viaxar a Illa de Salvora, gardámolo no noso portfolio, xa que como ben sabemos, neste momento non podemos ir debido a covid-19.

Sigamos descubrindo Salvora!

O HORTO

 Onte visitamos o horto, preparamos a terra, plantamos, regamos e agora debemos coidar as nosas leitugas e amorodos para que nos den unhas saborosas ensaladas e uns deliciosos amorodos. Ummmmm!


























luns, 8 de marzo de 2021

QUE SON OS ECOSISTEMAS?

 A semana pasada investigamos o lagarto ocelado e descubrimos que son moi importantes para os ecosistemas das Illas Atlánticas, pero...que palabra tan rara, non sabemos o que son os ecosistemas. Daquela toca pescudar. 

Un ecosistema é o conxunto de seres vivos, animais e vexetais, que viven e relaciónanse no mesmo espazo.

mirade o seguinte vídeo

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


xoves, 4 de marzo de 2021

INVESTIGAMOS SOBRE O LAGARTO OCELADO

 Un réptil ben bonito que vive no Parque Nacional das Illas Atlánticas. 
Descubriredes que vida tan interesante ten!












Un vídeo do lagarto arnal.


preme na imaxe para ver outro vídeo

martes, 2 de marzo de 2021

MULLERES

Xa se achega o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Neste día conmemórase a loita pola igualdade real entre homes e mulleres.
Cómpre construír unha sociedade na que a muller poida desenvolverse de maneira íntegra sen sufrir ningún tipo de discriminación.
Para iso é necesario que os nenos e nenas sexan conscientes desta situación, pensen, investiguen o papel da muller ao longo da historia, reflexionen e actúen.
Para levar a cabo esta reflexión, o longo da semana traballaremos esta canción e elaboraremos unha entrevista para enviarlle as TANXUGUEIRAS.

Seguro que nos contestan a todo!



preme na imaxe