Hoxe pasou algo espectacular na nosa aula.
Levamos a cabo unha tarefa deseñada pola mestra Sara que está de prácticas na nosa aula.
Nada máis comezar a mañá chegou o colexio unha caixa que nos enviou unha tal Mariña. Pero... non se trataba da nosa boa compañeira Mariña, non, non, tratábase de outra que non tiñamos nin idea.
Entón escoitade o que descubriu Sara a través dunha amiga.
Escoitámolo na aula e parecía moi interesante!
Estaba claro que tiña relación con algunha Illa do Parque.
Abrimos a caixa e o primeiro que atopamos foi unha lenda. Tocaba ler e descubrir de que trataba.
Traballamos a lenda.
O MONUMENTO DA SEREA MARIÑA, que se atopa na Illa de Salvora.
Ah!! E o billete de barco para viaxar a Illa de Salvora, gardámolo no noso portfolio, xa que como ben sabemos, neste momento non podemos ir debido a covid-19.
Sigamos descubrindo Salvora!
Cómo nos gustou a dinámica!! Qué emocionante si temos ganas de investigar e seguir aprendiendo!!! Que chulada!! Gracias
ResponderEliminar