Xa estamos na Illa de Ons. Que fermosa!
Alí agárdanos unha ave ben bonita. O corvo mariño cristado.
Os adultos mostran unha pequena crista ou moño durante a época de apareamento, á que lle deben o nome.
Aliméntase de peixes no mar.
O corvo mariño cristado é un dos mellores mergulladores, chegando ata profundidades de 45 m.
Entre as causas da diminución da poboación, atópanse a mortalidade accidental directa producida por mor do afundimento do Prestige, as capturas accidentais producidas polos trasmallos e a presión que exercen sobre as colonias especies invasoras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario