xoves, 8 de abril de 2021

A MULTIPLICACIÓN

Agora que xa entendemos e sabemos o que significa múltiplicar, e como funcionan as múltiplicacións básicas, toca memorizar as táboas. 

E por que temos que memorizalas? 

Porque é unha ferramenta básica para o calculo mental.

Mellora o razoamento.

Facilita outro tipo de traballos matemáticos ao longo da escola e da vida.

Mellora na resolución de problemas que implican múltiplicación.

...

Memoriza as táboas de múltiplicar con MILIKI.







"A roda de multiplicar".  Material para completar, colorear, recortar e compoñer sobre as táboas de múltiplicar.






Unha vez completado o traballo, unindo os círculos pola lingüeta con un encadernador ou cordel, queda así.

1 comentario: