martes, 27 de setembro de 2022

O HORTO ESCOLAR

 Hoxe tivemos unha gran sorpresa. Chegou a mestra Irene a nosa aula con unha caixa e unha carta que os monstros deixaron para nós.



A mestra Martina abriu a carta, nela os monstros pedíannos  axuda porque non sabían donde está o noso bonito horto, pero antes de poñernos de camiño para o horto, tiñamos que facer a tarefa que nos pedian.

Os encargados do día abriron a caixa, e non o dubidamos, comezamos a traballar para axudarlle.

 


 








Logo o final da mañá fomos o horto e comezamos a preparar o terreo para plantar amorodos. Sacamos malas herbas, sachamos e regamos. 






Este curso imos traballar nun ecosistema moi interesante:

 O HORTO ESCOLAR

ESTAMOS PREPARADOS?

O horto é un ECOSISTEMA terrestre no que interactúan as hortalizas, froitas e verduras con pequenos animais e co medio ambiente.

Un ECOSISTEMA está formado por un conxunto de seres vivos (animais e plantas), o medio que os rodea (auga, aire, terra...) e as relacións que existen entre eles.

Os seres vivos relaciónanse entre eles e co medio físico no que viven.

Os seres vivos, que son os animais e as plantas, relaciónanse cos elementos non vivos, que son as rochas, area, auga, sol, choiva...

venres, 23 de setembro de 2022

CHEGOU O OUTONO

 Hoxe, venres 23 de setembro, ás 03:04 horas comeza o outono.

Deixamos o verán e comezamos unha nova estación, que rematará o 21 de decembro coa chegada do inverno.

FELIZ OUTONO!


É o momento de que as castañas, metidas nos seus ourizos, caian das árbores para que poidamos alimentarnos con este froito tan delicioso.




 
O CASTIÑEIRO é unha árbore moi abundante en Galicia e os bosques destas árbores en outono son un gran espectáculo.

É unha árbore de folla caduca, que comeza a caer sobre o mes de novembro.

 Os monstros desta aula tamén lles gustan as castañas, decidiron saír de excursión polo SOUTO a recoller. 



...e por que caen as follas das árbores?
O alumnado desta aula decia:
- Porque vai frio.
- Porque chove.
- Porque vai vento.
...
Será así?


CASTIÑEIROS


FROITO


FOLLAS



domingo, 18 de setembro de 2022

PRIMEIRA SEMANA

 Comezamos a semana co conto do monstro de cores e rematamos a semana tamén con monstros. 

Elaboramos unha ruleta coas emocións primarias para explicar como nos sentimos, eliximos o noso monstro en classdojo, debuxamos, coloreamos, puxémoslle un nome e algunhas ata se animaron a describir o monstro. 

Tamén nos mergullamos no mundo das regretas con moitas actividades. 

Aquí podedes ver un resumo.



BENVIDAS