Hoxe tivemos unha gran sorpresa. Chegou a mestra Irene a nosa aula con unha caixa e unha carta que os monstros deixaron para nós.
A mestra Martina abriu a carta, nela os monstros pedíannos axuda porque non sabían donde está o noso bonito horto, pero antes de poñernos de camiño para o horto, tiñamos que facer a tarefa que nos pedian.
Os encargados do día abriron a caixa, e non o dubidamos, comezamos a traballar para axudarlle.
Logo o final da mañá fomos o horto e comezamos a preparar o terreo para plantar amorodos. Sacamos malas herbas, sachamos e regamos.
Este curso imos traballar nun ecosistema moi interesante:
O HORTO ESCOLAR
ESTAMOS PREPARADOS?
O horto é un ECOSISTEMA terrestre no que interactúan as hortalizas, froitas e verduras con pequenos animais e co medio ambiente.
Un ECOSISTEMA está formado por un conxunto de seres vivos (animais e plantas), o medio que os rodea (auga, aire, terra...) e as relacións que existen entre eles.
Os seres vivos relaciónanse entre eles e co medio físico no que viven.
Os seres vivos, que son os animais e as plantas, relaciónanse cos elementos non vivos, que son as rochas, area, auga, sol, choiva...
Ningún comentario:
Publicar un comentario