NADAL 2022
Neste Nadal investigamos sobre o Pórtico da Gloria.
O primeiro que descubrimos e que son 24 anciáns que o mestre Mateo esculpiu na pedra, 21 tocan e 3 prepáranse para cantar.
De seguido pescudamos de que instrumentos se trataba e puxémonos a traballar.
Fídula oval, fídula en oito, laúde, organistrum, arpa, salterio e salterio vertical.
Así nos quedaron o día do festival.
O seguinte traballo foi facer unha representación do pórtico da gloria.
Quedou xenial, grazas a axuda da profe Vito.
Para o día do festival tamén quixemos bailar unha danza desa época na que soan os instrumentos do pórtico da gloria.
O primeiro que tivemos que aprender foron os números pares e impares.
Ensaimos duro e o día do festival saínos moi ben.
Ningún comentario:
Publicar un comentario