Amosando publicacións coa etiqueta A paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A paz. Amosar todas as publicacións

sábado, 30 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ 2021

 Onte traballamos o día da Paz no colexio.

Tamén falamos do que significa Paz e de como podemos fomentar ambientes de calma e agradables tanto na casa como na escola.

 Decidimos celebralo xogando, o longo da semana traballamos e ilustramos diferentes xogos.

É algúns alumnos propuxeron novos xogos que trouxeron preparados da casa. 

Preme na imaxe para ver os xogos.


FELIZ DÍA DA PAZ



luns, 4 de febreiro de 2019

30 DE XANEIRO

O 30 de xaneiro é o día da non violencia e da Paz. 
No colexio durante esta semana levamos a cabo moitas actividades, participamos pintando o mural do patio, coñecemos a historia de Malala Yousafzai e participamos todo o alumnado no acto conxunto cantando a canción de One Love de Bob Marley que aprenderon en inglés e a canción de Los niños queremos la Paz.



domingo, 27 de xaneiro de 2019

A PAZ

Achegase o "día escolar da non violencia e da Paz", nesta data lembrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto os dereitos humanos e a non violencia e a paz.
Nesta semana recordaremos, por que se celebra o 30 de xaneiro?
E gozaremos do seguinte conto.

Este libro, fermosamente ilustrado, narra a historia de Malala para os lectores máis novos e amosa como se pode abrazar a esperanza, mesmo nos momentos máis difíciles.




mércores, 31 de xaneiro de 2018

DÍA DA PAZ

Os alumnos e alumnas de 1º celebramos o día da Paz con moita ilusión e por suposto con moita paz. 
Respondemos a pregunta, que cousas podemos facer no colexio para que haxa paz?
Despois escribimos mensaxes e decoramos pombas inspiradas no conto de IMAGINE, imaxinando o colexio e o mundo en paz. 
Como di a canción de John Lennon "é fácil, inténtao, non costa tanto"
                                      

  

                                   



Todo o centro elaboramos un mural sobre a Paz.
       Non é Paz                                       Si é Paz   


Por último saímos todo o colexio ao patio a escoitar un manifesto sobre a Paz que nos leron os alumnos e alumnas do club de convivencia e a cantar a canción de IMAGINE. 
             







mércores, 24 de xaneiro de 2018

IMAGINE

O día 30 de xaneiro celebramos o "Día da non violencia e a Paz.
Este ano traballamos o conto coa letra da inmortal canción de John Lennon. 
IMAGINE é un conto infantil sobre os valores da paz e a tolerancia.

Booktrailer


Videocuento