Amosando publicacións coa etiqueta Día das bibliotecas escolares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das bibliotecas escolares. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de outubro de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

   24 de outubro "Día das bibliotecas escolares" e como non podía ser doutro xeito os nenos e nenas fixemos actividades relacionadas con este tema. 

Imaxinamos como será a biblioteca máis bonita do mundo.

 Aínda que a nosa biblioteca é preciosa  descubrimos que hai un conto en Portugués que nos fala de como é a biblioteca Lello de Oporto, unha das máis máxicas e bonitas do mundo, máis que unha biblioteca ou libraría parece un lugar de conto.

 Portada do conto.


vídeo


Quixemos debuxar a nosa biblioteca ideal.






martes, 27 de outubro de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 O pasado 24 de outubro, celebrouse o "Día das bibliotecas escolares" e como non podia ser doutro xeito os nenos e nenas de 2ºA fixemos actividades relacionadas con este tema, pero...este ano non se pode ir a biblioteca, entón fixemos que a biblioteca viñera a aula. 

A mestra trouxonos un conto para cada un, e despois de leelo e traballar con el descubrimos que todos foran escritos por escritoras e tamén que o luns pasado foi o "Día das escritoras". 

Logo lemos o seguinte conto.


Un conto en Portugués que nos fala de como é a libraría Lello de Oporto, unha das máis bonitas e máxicas do mundo, máis que unha libraría parece un lugar de conto.


Por último debuxamos a nosa biblioteca ideal.

xoves, 25 de outubro de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O día 24 é unha data sinalada como "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES"  e o lema deste ano é "POETICAS DIVERSAS na biblioteca escolar".  Os alumnos e alumnas de 2º encántanos a nosa biblioteca xa que podemos facer moitisimas actividades. O pasado mércores xogamos coas palabras e contamos moitas adiviñas de alimentos.

Así quedaron


Pero... as ras e os grilos, comense?
Pois os nenos e nenas descubrimos que se comen as ancas de ra e en Asia os grilos, seica que estan moi saborosos!

martes, 24 de outubro de 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe, día 24 de outubro, celébrase o "Día das bibliotecas escolares" e como non podía ser doutro xeito, os alumnos/as de 1ºA e 1ºB fixemos unha actividade moi divertida na biblioteca. 
"Os amigos lectores"