Amosando publicacións coa etiqueta Parque Nacional das Illas Atlánticas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Parque Nacional das Illas Atlánticas. Amosar todas as publicacións

mércores, 3 de maio de 2023

SAPO RAXADO

 Sabemos que os anfibios non estan moi presentes na biodiversidade do Parque Nacional das Illas Atlánticas porque necesitan moita auga doce.

Pero o sapo raxado, especie en perigo de extinción, podemolo ver na Illa de  Cortegada grazas a que hai bosques de loureiro que lle dan humidade ao terreo.









O bosque de loureiros e a Illa de Cortegada respiran misterio.



martes, 2 de maio de 2023

ILLA DE CORTEGADA

Se vas a Carril

nada máis chegar

verás a Cortegada

deitada no mar.


Deitada no mar 

chorando por ela

van os mariñeiros

nun bote de vela.


De novo subimos a bordo e viaxamos a Illa de Cortegada. Que descubriremos aquí?

luns, 10 de abril de 2023

VIAXAMOS A ILLA DE ONS

Despois de coñecer a fauna e flora da Illa de Cíes, subimos a bordo neste super barco no peirao de Cíes, rumbo a Illa de Ons.





Que nos atoparemos alí?

O CORVO MARIÑO CRISTADO

 Xa estamos na Illa de Ons. Que fermosa!

Alí agárdanos unha ave ben bonita. O corvo mariño cristado. 



É unha ave de tamaño medio-grande, que acada de media uns 68–78 cm de longo.
 Os adultos mostran unha pequena crista ou moño durante a época de apareamento, á que lle deben o nome.
Aliméntase de peixes no mar.
O corvo mariño cristado é un dos mellores mergulladores, chegando ata profundidades de 45 m.
 Entre as causas da diminución da poboación, atópanse a mortalidade accidental directa producida por mor do afundimento do Prestige, as capturas accidentais producidas polos trasmallos e a presión que exercen sobre as colonias especies invasoras.

xoves, 23 de marzo de 2023

O TOXO

 Seguimos investigando sobre o reino vexetal das Illas Cíes. 

Toca pescudar sobre o toxo costeiro, Ulex europaeus.

A flor de toxo, o alecrín, colorea a matogueira costeira do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

 É un arbusto espiñento, que pode medir ata 3 metros.






Que bonito!

luns, 13 de marzo de 2023

GAIVOTA PATIAMELA

 Hoxe Iago trouxonos unha ave que podemos ver polas illas de Cíes. 


Neste conto descubrimos o seu nome. A gaivota patiamarela.

preme na imaxe

Agora queremos investigar moito máis sobre esta gaivota tan bonita.

 




venres, 3 de marzo de 2023

PRIMEIRA SEMANA EN MODO GALEGO ACTIVADO

Comezamos a semana asinando o noso compromiso.






Dia a día intentamos mellorar.




Ademais esta semana tivemos unha gran sorpresa, a mestra Ana, chegou a nosa aula coa caixa dos monstros. Enviáronnos unha carta, fotos e pezas para construir un crebacabezas. Descubrimos que en Galicia temos moitas marabillas e unha delas é o  PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS.






Uxio e Sofia leronnos a carta.










Construindo o crebacabezas por equipos.






Recordamos coas actividades do blog do Modo Galego. Actívao! Que na marxe dereita deste blog temos a canle do Xabarín e do Digoche Eu! Para que polas tardes sigamos activados.


E como esta semana asistimos a unha actividade relacionada co proxecto anual do centro " A MÚSICA" quixemos contárvola en modo "DIGOCHO EU"


preme na imaxe para ver o vídeo


luns, 19 de abril de 2021

REMATAMOS O PROXECTO


Rematamos o proxecto "O PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS" facendo o noso libro.














O venres tamén despedimos a profe Sara, que estivo connosco durante case todo o 2º trimestre.
Foi un pracer compartir con ela este tempo e esperamos que nos visite pronto.  

luns, 8 de marzo de 2021

QUE SON OS ECOSISTEMAS?

 A semana pasada investigamos o lagarto ocelado e descubrimos que son moi importantes para os ecosistemas das Illas Atlánticas, pero...que palabra tan rara, non sabemos o que son os ecosistemas. Daquela toca pescudar. 

Un ecosistema é o conxunto de seres vivos, animais e vexetais, que viven e relaciónanse no mesmo espazo.

mirade o seguinte vídeo

xoves, 4 de marzo de 2021

INVESTIGAMOS SOBRE O LAGARTO OCELADO

 Un réptil ben bonito que vive no Parque Nacional das Illas Atlánticas. 
Descubriredes que vida tan interesante ten!












Un vídeo do lagarto arnal.


preme na imaxe para ver outro vídeo