Amosando publicacións coa etiqueta Illa de Salvora. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Illa de Salvora. Amosar todas as publicacións

martes, 18 de abril de 2023

RUMBO A SALVORA


CABALOS GALEGOS

  Estamos na Illa de Salvora, ademais de algún monumento que teremos que descubrir, tamén atopamos cabalos de pura raza galega, unha especie en perigo de extinción.


Un vídeo para aprender moito sobre este mamífero.

 


mércores, 17 de marzo de 2021

RUMBO A SALVORA

 Hoxe pasou algo espectacular na nosa aula.

Levamos a cabo unha tarefa deseñada pola mestra Sara que está de prácticas na nosa aula.

Nada máis comezar a mañá chegou o colexio unha caixa que nos enviou unha tal Mariña. Pero... non se trataba da nosa boa compañeira Mariña, non, non, tratábase de outra que non tiñamos nin idea.

Entón escoitade o que descubriu Sara a través dunha amiga. 

Escoitámolo na aula e parecía moi interesante!


Estaba claro que tiña relación con algunha Illa do Parque. 
Abrimos a caixa e o primeiro que atopamos foi unha lenda. Tocaba ler e descubrir de que trataba.


Traballamos a lenda.


Deseguido tocaba abrir os sobres.


Quedamos abraiados! O sobre grande contiña un billete de barco para a Illa de Salvora e unhas instrucións que tivemos que ler con moita atención xa que logo tiñamos que resolver uns problemas para o final, poder construir un crebacabezas.




Resolvendo os problemas.




Conseguimos as pezas do rompecabezas, iso si, había moitas pistas falsas.



E por fin, despois de traballar duro resolvendo tódolos problemas, descubrimos de que se trataba.

O MONUMENTO DA SEREA MARIÑA, que se atopa na Illa de Salvora.

Ah!! E o billete de barco para viaxar a Illa de Salvora, gardámolo no noso portfolio, xa que como ben sabemos, neste momento non podemos ir debido a covid-19.

Sigamos descubrindo Salvora!