Amosando publicacións coa etiqueta Aves. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aves. Amosar todas as publicacións

luns, 10 de abril de 2023

O CORVO MARIÑO CRISTADO

 Xa estamos na Illa de Ons. Que fermosa!

Alí agárdanos unha ave ben bonita. O corvo mariño cristado. 



É unha ave de tamaño medio-grande, que acada de media uns 68–78 cm de longo.
 Os adultos mostran unha pequena crista ou moño durante a época de apareamento, á que lle deben o nome.
Aliméntase de peixes no mar.
O corvo mariño cristado é un dos mellores mergulladores, chegando ata profundidades de 45 m.
 Entre as causas da diminución da poboación, atópanse a mortalidade accidental directa producida por mor do afundimento do Prestige, as capturas accidentais producidas polos trasmallos e a presión que exercen sobre as colonias especies invasoras.

luns, 13 de marzo de 2023

GAIVOTA PATIAMELA

 Hoxe Iago trouxonos unha ave que podemos ver polas illas de Cíes. 


Neste conto descubrimos o seu nome. A gaivota patiamarela.

preme na imaxe

Agora queremos investigar moito máis sobre esta gaivota tan bonita.

 




luns, 22 de febreiro de 2021

A GAIVOTA PATIAMARELA

 Antes de viaxar a outra Illa do Parque Nacional, queremos investigar a gaivota patiamarela, unha ave que  podemos ver polas Illas Cíes.