Amosando publicacións coa etiqueta Carballos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Carballos. Amosar todas as publicacións

domingo, 27 de xaneiro de 2019

O BOSQUE DO ROSALÍA

O pasado luns fixemos realidade o bosque do Rosalía, plantamos os nosos carballos que o longo de todo o curso pasado e durante o verán coidamos con moito agarimo. 
Tarefa ardua e fermosa que comezamos o pasado curso coa recollida de landras por parte do alumnado e das familias. 
Esperabamos este día con ansia.

               



                 

                  

                  












Como foi algo moi interesante que sucedeu no colexio, o día seguinte saímos no xornal, na aula lemos a noticia e analizámola.

                          


 Por último quedaba facer nos de xornalistas e escribir a noticia.

                                     

xoves, 21 de xuño de 2018

OS NOSOS CARBALLOS

Aló polo mes de novembro plantamos carballos para no vindeiro curso crear o bosque de Rosalía. 
Estamos moi orgullosos dos nosos carballos.


Ao longo do curso levamos a cabo moitas actividades:
                     Regamos a diario.
Rexistramos o crecemento semanalmente.


Buscamos información no libro de ciencias.




Ordenámolos por tamaño. 
Escribimos historias.
Decoramos as camisetas para a actuación do festival de fin de curso con follas de carballos.






AGORA TOCA COIDALOS DURANTE TODO O VERÁN

mércores, 8 de novembro de 2017

BOSQUE DE ROSALÍA

Onte todo o centro plantou landras para axudar a reforestar o que levaron os incendios.
Os alumnos/as trouxeron landras da casa. 
No colexio seleccionamos as sans, lixámolas, comprobamos se afundían na auga para asegurarnos de que sexan boas e despois plantamos as landras no envase de cartón.
Agora toca coidalas con moito agarimo e esperar a que medren.