Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto o mar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto o mar. Amosar todas as publicacións

domingo, 14 de xaneiro de 2018

BARQUIÑOS DE PAPEL

Queremos propoñervos unha actividade artística e literaria relacionada co proxecto do mar.
Seguro que sabedes facer barquiños de papel, a que sí? 
Pois poñédevos mans a obra e todos e todas a construir barcos, as nosas aulas converteranse en plácidos oceanos nos que navegarán os barcos que fabriquedes. 
Por se alguén non se acorda como se facian déixovos un vídeo que vos axudará moito.


Os barcos deben ter as seguintes características:
- Ser artísticos, é dicir, que sexan moi bonitos e orixinais, que fagan que calqueira do colexio desexe pertencer a vosa tripulación. 
- Ser literarios, deben levar algo escrito por vos. Poñede a imaxinación a voar e escribide unha rima, unha frase orixinal, un mini conto, un chiste...ou o que se vos ocorra.
- E por último os barcos teñen que estar feitos con material de reciclaxe ou refugallo.

Imagen relacionada

ENCHAMOS DE BARCOS AS NOSAS AULAS!

venres, 12 de xaneiro de 2018

COMEZAMOS O 2º TRIMESTRE

Aquí estamos de volta, comezando o 2º trimestre con moita forza para continuar aprendendo moitas cousas novas. 
Seguimos traendo material para o noso recuncho do proxecto              "O MAR", xa temos todo tipo de moluscos e moitos libros para seguir pescudando. Nesta semana xa nos metemos de cheo en novas investigacións.

Así estan os nosos recunchos



Máis material





Pescudando en equipo






E grazas a mestra Bea,tivemos na aula un peixe globo de verdade.Encantounos!