Esta semana xa se nota que estamos de entroido no colexio! Comezamos o luns con flores na cabeza, o martes un zapato de cada cor, hoxe mandís e para mañá non esquezades o pixama.
Por suposto o venres reservade o día para o noso entroido mareiro, témosvos argallado un baile, nesta ocasión con música de mamá cabra a canción de Glu, Glu,Glu.
Agardámosvos co voso disfrace de peixe para unha festa rachada.
Os alumnos e alumnas de 1º celebramos o día da Paz con moita ilusión e por suposto con moita paz.
Respondemos a pregunta, que cousas podemos facer no colexio para que haxa paz?
Despois escribimos mensaxes e decoramos pombas inspiradas no conto de IMAGINE, imaxinando o colexio e o mundo en paz.
Como di a canción de John Lennon "é fácil, inténtao, non costa tanto"
Todo o centro elaboramos un mural sobre a Paz.
Non é Paz Si é Paz
Por último saímos todo o colexio ao patio a escoitar un manifesto sobre a Paz que nos leron os alumnos e alumnas do club de convivencia e a cantar a canción de IMAGINE.
Tódolos luns na aula do xardín botánico podemos gozar de contacontos. O Apalpador, Papá Noel e os Reis Magos, ademais de outros agasallos estupendos, deixáronnos unha capa contacontos. Encántanos!
Pero...tiñamos un problema porque queríamos facer o contacontos por parellas e necesitabamos outra capa, de modo que pedímoslle unha prestada a mestra Ana e asunto resolto.
Queremos propoñervos unha actividade artística e literaria relacionada co proxecto do mar. Seguro que sabedes facer barquiños de papel, a que sí?
Pois poñédevos mans a obra e todos e todas a construir barcos, as nosas aulas converteranse en plácidos oceanos nos que navegarán os barcos que fabriquedes.
Por se alguén non se acorda como se facian déixovos un vídeo que vos axudará moito.
Os barcos deben ter as seguintes características:
- Ser artísticos, é dicir, que sexan moi bonitos e orixinais, que fagan que calqueira do colexio desexe pertencer a vosa tripulación.
- Ser literarios, deben levar algo escrito por vos. Poñede a imaxinación a voar e escribide unha rima, unha frase orixinal, un mini conto, un chiste...ou o que se vos ocorra.
- E por último os barcos teñen que estar feitos con material de reciclaxe ou refugallo.
Aquí estamos de volta, comezando o 2º trimestre con moita forza para continuar aprendendo moitas cousas novas.
Seguimos traendo material para o noso recuncho do proxecto "O MAR", xa temos todo tipo de moluscos e moitos libros para seguir pescudando. Nesta semana xa nos metemos de cheo en novas investigacións.
Así estan os nosos recunchos
Máis material
Pescudando en equipo
E grazas a mestra Bea,tivemos na aula un peixe globo de verdade.Encantounos!