mércores, 21 de marzo de 2018

UN DÍA DE EXCURSIÓN

O vindeiro martes tódolos alumnos e alumnas de primeiro fomos de excursión a casa de Rosalía de Castro e o xardín botánico.
Primeiro localizamos no mapa de Padrón tódolos lugares de interese, o río Sar, a estación de ferrocaril e de autobuses, o centro médico... e trazamos o percorrido que iamos facer andando desde a casa de Rosalía ata o xardín botánico.













O día antes recordamos e escribimos as normas para poder ir de excursión.

E chegou o día! Pasamolo xenial!

























E por último contamos e escribimos no caderno como foi o día e o que máis nos gustou.






venres, 9 de marzo de 2018

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

MULLERES! Sen elas o mundo párase. 
Onte 8 de marzo, volvemos a lembrar que segue sendo preciso este día para amosar que queremos mulleres e homes en igualdade. 
Houbo mulleres de lenda que habriron camiño ata entón reservados para homes, como nos amosan os alumnos e alumnas de 1º cos seus traballos levados a cabo durante toda a semana. O alumnado de 
1º A pescudou a fondo sobre a bióloga mariña RACHEL CARSON e os de 1ºB mergulláronse no mundo da natación sincronizada con GEMMA MENGUAL.
Unha vez rematados os nosos traballos, xuntámonos para expoñerllo aos compañeiros e compañeiras de nivel.

os alumnos e alumnas de 1ºA presentan o seu traballo aos de 1ºB





Os alumnos e alumnas de 1ºB presentan o seu traballo aos alumnos e alumnas de 1ºA






E así quedaron expostos no corredor xunto cos traballos feitos por todo o alumnado do colexio que se nota que tamén traballaron a fondo.





POR UN MUNDO LIBRE DE MACHISMO!

sábado, 24 de febreiro de 2018

DÍA DE ROSALÍA

Tal día coma hoxe nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela e comezaba a vida dunha loitadora que nos serve de exemplo en moitos ámbitos vitais. Figura indispensábel na literatura femenina escrita no século XIX. Para celebrar o seu día, o longo da semana levamos a cabo diferentes actividades, decoramos rosas para facer un ramo ben orixinal e traballamos o poema "Adiós ríos, adiós fontes". Así nos quedou.
                                       



POEMA ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES. Cantares Gallegos
                           
1ºA

1ºB


"SEMPRE ROSALÍA"
   


xoves, 15 de febreiro de 2018

O MEU BARCO

O meu barco é un bonito poema de Manuel María publicado no seu libro "OS SOÑOS NA GAIOLA"



Os alumnos e alumnas de 1º aprendemos de memoria e recitamos este poema coma auténticos poetas. 




Tamén xa temos construido o noso placido océano cos barcos de papel literarios. Ollade como quedaron. 
















venres, 9 de febreiro de 2018

ENTROIDO MAREIRO

Celebramos o entroido no colexio! Un día de festa rachada, moita diversión no que o máis importante é disfrazarse e pasalo ben. No entroido case todo vale é tempo de risas e mofas e como non, de grandes comilonas: cocido, orellas, filloas...No colexio, cocido non tivemos pero do resto non faltou de nada e todo moi agradable ao padal.
Tampouco faltaron disfraces de todo tipo relacionados coa temática do mar. Os nenos e nenas de primeiro disfrazáronse de peixes e bailaron e cantaron xeniallll. 

Actuación completa


Preme na imaxe para ver as fotos do día