mércores, 20 de xuño de 2018

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Hoxe foi un día de festa rachada no colexío. Tódolos niveis  bailaron e cantaron para celebrar o fin de curso. Os nenos e nenas de primeiro bailaron xenial e moi orgullosos coas súas camisetas decoradas por eles mesmos con follas de carballos.
Despois escachamos coa risa coa actuación do paiaso Peter punk.
Para o próximo curso máis e mellor. 


VÍDEO DO BAILE DE 1º
                                        





















































mércores, 13 de xuño de 2018

ANDAINA ATA O RÍO SAR

Todo o alumnado de primaria realizamos unha andaina ata a desembocadura do río Sar. Actividade final do proxecto ríos. Pasamos unha mañá moi divertida coñecendo un pouco máis Padrón e mellorando a nosa saúde facendo deporte.

Preme na imaxe para ver as fotos do día.


EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

O pasado martes fomos de excursión A Coruña todo o alumnado de 1º e 2º de educación primaria. Pola mañá visitamos o Aquarium, actividade final encadrada nos proxectos anuais de centro, (proxecto do mar e proxecto ríos). Pola tarde visitamos o museo interactivo da Domus e por último fomos merendar a Torre de Hércules.
Preme na imaxe para ver un resumo do día



venres, 8 de xuño de 2018

UN CONTO DE MEDO

Esta semana o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria asistimos a biblioteca a un contacontos de medo, contado pola propia escritora e ilustradora, Altagracia Bescansa. 


Jimmy Escalofríos é un neno de sete anos que sofre de medos nocturnos.  A pesares de que a súa familia e el mesmo se repita que todo esta na súa cabeza, a súa imaxinación fai que cada noite as sombras, pantasmas e monstros aparezan en canto se apaga a luz. Esta entrañable historia rimada levaranos desde o cuarto de Jimmy ata  o cuarto dos seus pais, onde todo comeza a mudar...








Despois de escoitar o conto, os nenos e nenas entregáronlle o debuxo do seu medo a escritora Altagracia Bescansa, que lle deu marabillosas ideas para superar eses medos.