xoves, 27 de xuño de 2019

ESCRIBÍRONNOS

Na última semana de clase chagáronnos as cartas que nos escribiron os alumnos/as de 2º de EP do colexio Ceo Príncipe de Asturias. Como vos contamos ao longo do curso nos telexornais, nós previamente escribímoslle unhas postais contandolle como era Padrón. Foi moi emocionante recibir a súa carta.


REMATAMOS O PROXECTO DOS ANIMAIS

Nas últimas semanas de clase rematamos o proxecto dos animais elaborando unhas maquetas de distintos habitat de animais. Foi un traballo cooperativo no que cada alumno do grupo trouxo o material acordado para logo elaborar na aula a maqueta, e expoñelas para todo o alumnado do colexio.
Así quedaron.
2ºA

2ºB


venres, 17 de maio de 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019

"HOMENAXEANDO A ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS"


A vida e a obra de Antón Fraguas encheu estes días as aulas, biblioteca, corredores, chanzos, andeis e xanelas do colexio.



 



Para os alumnos/as de 2º, foi unha semana de moitas actividades e... moiiiiiiiii emocionante!
Elaboramos o cartel para o chanzo de Antón Fraguas Fraguas coa técnica do colaxe.





Traballamos arreo para representar a obra de teatro "OS POEMAS DO RÍO" para o alumnado do centro.
Repartimos os carteis polas aulas que elaboramos da obra de teatro para contar con bos asistentes.


E chegou o momento da función.





 E por suposto participamos na romaría que se organizou no colexio e das que tanto investigou Antón Fraguas.



 
















HOXE CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. FELIZ DÍA!




luns, 8 de abril de 2019

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

A Asamblea Xeneral das Nacións Unidas declarou por unanimidade o 2 de abril como Día Mundial da concienciación sobre o Autismo para poñer de relevo a necesidade de contribuir a mellora da calidade da vida das persoas con autismo, para que poidan levar unha vida plena e gratificante como parte integrante da sociedade.

E como podes colaborar ti? Así o fixeron os alumnos/as de 2ºB.





domingo, 31 de marzo de 2019

PADRÓN

Neste trimestre continuamos pescudando sobre Padrón, o proxecto anual deste curso, e xa podemos dicir que o coñecemos, ou alomenos un pouco máis.
O seguinte vídeo servemos para saber un chisco máis sobre esta fermosa vila.



Daquela, xa estamos preparados para escribirlle aos alumnos/as de 2ºA do colexio Príncipe de Asturias para que coñezan como é Padrón.
Eles xa nos escribiron, e encantounos o seu pobo!
Na vindeira semana enviarémoslle unha carta contandolle como é Padrón e tamén lle mandaremos unhas postais cos monumentos que temos aquí.

Preme na imaxe para ver a carta.


A MALETA

O longo deste trimestre levamos a cabo a dinámica de cohesión de grupo titulada "A MALETA". 
Consiste en que cada alumno/a leva un día a maleta a súa casa, para traela cargada con obxectos que despois na aula ten que ensiñarllos aos compañeiros e explicarlle que significa cada un deles.
Encantounos!