Protexamos o medio ambiente fronte os incendios forestais. Un conto para tomar conciencia sobre os efectos dos incendios. Lede o conto, logo facede as 5 páxinas de actividades que eu vos poño aquí no blog.
Hoxe é o día mundial do Medio Ambiente. Este día lévase celebrando desde o ano 1973 co fin de fomentar a sensibilidade mundial sobre o Medio ambiente e motivar ás persoas para que formen parte activa do desenvolvemento sostible.
" A HORA DA NATUREZA"
É o lema elexido este ano para este día internacional.
Sen os servizos da natureza non sería posible a vida no planeta: nin os alimentos que se comen, o aire que se respira nin a auga que se bebe.
A pesares disto son moitas as accións irrespectuosas co entorno que requiren seguir traballando polo medio ambiente.
Por todo isto, hoxe aproveito a ocasión para recordar e concienciar sobre a necesidade de coidar a nosa natureza.
Facede nas vosas casas esas pequenas cousas que xa estudiastes no colexio e que serven para coidar o planeta, como:
Reciclar: Tirade o lixo no colector correspondente.
Reutilizar: Fai algunha manualidade con material que atopes pola casa.
Non malgastar a enerxía: Facede un día sen coche, desprazadevos en bicicleta ou transporte público.
Non tirar comida: Preparade unha receita con restos da comida do xantar ou da cea.
Escoita o seguinte conto, " El viaje de Kirima" , os nenos e nenas aprenden e conciencianse sobre a importancia de coidar o medio ambiente. Logo fai un debuxo sobre o conto.
As plantas son o pulmón da terra, podes plantar unha planta ou arbore.
A contaminación: Fai o seguinte sinxelo experimento para enternder a contaminación.
Biodegradable: Facede o seguinte experimento para entender o significado desta palabra.
Escoita a canción: A terra
Entrade no blog da BIBLIOTECA que tamén vos conta cousas interesantes no día de hoxe.
O inicio da pandemia do COVID-19 todos e todas debuxamos o noso arco da vella como desexo de paz, degoiro de liberdade e esperanza de que pronto se poida facer vida normal. Pouco a pouco estámolo conseguindo e saíndo desto unidos e máis fortes. Por iso aquí vos propoño un poema do arco da vella e actividades arredor del. O poema "O ARCO DA VELLA" ven no libro, cuxa portada vedes a continuación. Observaa moi ben para responder as seguintes preguntas.
Como se títula o libro?
Quen é o escritor?
Quen é o ilustrador?
Cal é a editorial?
Busca no dicionario dixital que aparece aquí no blog, na marxe da dareita, que significa "gaiola".
Aprendede o poema de memoria e recitádeo, logo facede as actividades e o experimento. E, á vez, poñede música e diversión!
E o xoves temos de aniversario a Alejandro Vázquez Seco. Daquela xa sabedes, facédelle unha felicitación ben orixinal. Collede un folio ou cartolina, poñédeo en horizontal e deseñade a felicitación. Enviádeme a foto tamén en horizontal. Tedes para enviarme as fotos ata o mércores a última hora. E para ti Alejandro, fai a invitación do teu aniversario.
E como ben sabedes, hoxe comeza un novo mes, xuño. Collede un almanaque e facede o que xa é unha rutina de inicio de mes, anotade tódolos asuntos importantes(aniversarios de amigos/as e familiares, festas, que día remata o colexio, que día comeza o verán...), observade cantos días ten o mes e cantos días ten unha semana.