sábado, 3 de outubro de 2020

ANIVERSARIO DE ROI

 PARABÉNS ROI!

Aquí a invitación que fixo Roi para tod@s os compañeiros da aula.


E non podian faltar as felicitacións.



















O OUTONO

Unha cousiña, que grandes son estes nenos e nenas!

Rematamos setembro con éxito, e xa estamos de cheo no outono. Esta semana coa seguinte canción aprendemos as características do outono. Lemos, escribimos, debuxamos...

Animádevos a pasar unha tarde divertida como o fan na canción.


Tamén fixemos o noso abecedario galego. E digo noso porque é cos nosos nomes e apelidos. 
Así quedou. 



venres, 25 de setembro de 2020

ANIVERSARIO DE SARA

 PARABÉNS SARA!

E grazas por convidarnos o teu aniversario.


Así te felicitan os teus compañeiros/as.















Que pases un feliz día!



sábado, 19 de setembro de 2020

PRIMEIRA SEMANA!

 Superamos unha semana. Bravo!! 😃✌✌

Voltamos ao colexio nesta estraña normalidade, que pouco a pouco nos imos adaptando.

Esta semana desfrutamos aprendendo novas normas e adquirimos rutinas sobre a desinfección de mans, a distancia de seguridade, a máscara...

Xa case sabemos a canción. 


Xa que temos que levar sempre a máscara posta, cada neno/a deseñou a súa. 
Agora as familias animádevos a facerlla.

















E como toda máscara debe ir ben gardadiña, elaboramos porta máscaras. Aínda que esta técnica temos que mellorala un chisco.