luns, 8 de febreiro de 2021

É TEMPO DE ENTROIDO!

 É tempo de entroido, de festa, de máscaras, de filloas e de cocido. E que pasa cando se xuntan algúns dos personaxes máis senlleiros do Entroido para darse unha boa paparota? Que non deixan nin a vergonza do Galego!

Esta semana traballaremos este conto. 

preme na imaxe


mércores, 3 de febreiro de 2021

INVESTIGAMOS AS ANEMONES DE MAR

As anemones son animais invertebrados con forma vexetal que poden medir entre 2 e 50 cm de diámetro.
Viven pegadas as rochas en sitios luminosos e son carnívoras. Algúns peixes son inmunes as toxinas dos tentáculos e poden vivir entre elas para protexerse de depredadores.
Son de cores brillantes e longos tentáculos que se moven coma fideos. Ademais son urticantes que quere dicir que se as tocas pican.







domingo, 31 de xaneiro de 2021

INVESTIGAMOS ALGUNHAS PLANTAS DAS ILLAS CÍES

 A CAMARIÑA

Corema album. Arbusto de folla perenne de ata 1m de altura. Unha especie única que habita nas Cíes e que está en perigo de extinción.
A súa regresión na costa galega debeuse á manipulación das dunas, ao uso de plantas para facer vasoiras e ao exceso de colleita de bagas que, ao ser refrescantes, foron empregadas polos mariñeiros para saciar a sede.






                                           

    QUE NECESITAMOS SABER?


                   

CLASIFICACIÓN DE PLANTAS SEGUNDO O SEU TAMAÑO

       AS PLANTAS E OS SEUS FROITOS


AS FOLLAS DOS ARBUSTOS E DAS ÁRBORES


sábado, 30 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ 2021

 Onte traballamos o día da Paz no colexio.

Tamén falamos do que significa Paz e de como podemos fomentar ambientes de calma e agradables tanto na casa como na escola.

 Decidimos celebralo xogando, o longo da semana traballamos e ilustramos diferentes xogos.

É algúns alumnos propuxeron novos xogos que trouxeron preparados da casa. 

Preme na imaxe para ver os xogos.


FELIZ DÍA DA PAZ



sábado, 23 de xaneiro de 2021

OUTRA MARABILLA DE GALICIA

 Esta semana descubrimos que en Galicia ademais da gastronomía temos outra marabilla, o PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS.

Foi todo unha sorpresa, a profe Almudena entregounos unha carta que deixou a carteira para nós.

De novo unha carta de Siria, a nosa mascota da biblioteca.


Miramos algunha imaxes, e seguíamos sen saber cal era a marabilla de Galicia. Pero na última foto pola parte de atrás vimos que facia refencia a unha páxina do libro de ciencias sociais. 












Fomos o libro e...alí estaba o PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS.


Agora toca viaxar polas illas que forman o parque e descubrir a paisaxe, a fauna, a flora...
Xa hai quen se mergullou a tope na investigación. Bravo!!



Comezamos a viaxe.


mércores, 20 de xaneiro de 2021

O CAZO DE LOURENZO

Nos vindeiros días traballaremos este conto na aula. 

UN PERCORRIDO POLO CONTO "EL CAZO DE LORENZO" DE ISABELLE CARRIER