xoves, 20 de outubro de 2022

PUNTO DE RECICLAXE

 Así quedou o noso punto de reciclaxe. Tamén fixemos uns libros para levar a casa con información e decoramos os colectores cos nosos amigos os monstros.









A PAPAR...

MARMELO

O marmelo e o froito do marmeleiro, amarelo, voluminoso, de polpa áspera e recendente, moi empregado en confeitaría para a elaboración de doces ou marmelada.

No noso horto temos desta delicia.

Coa axuda de Tere e as mestras Ana e Mari, conseguimos facer a receita de doce de marmelo.

Probámolo cru.








Cociñamos para facer o marmelo.







Escribimos a receita.



E por último a papar.













Agora toca esperar a que a nosa arbore amadriñada nos dea o seu froito para poder facer unha nova receita.

martes, 18 de outubro de 2022

OS DEDOS DAS MANS

 Seguimos coñecendo partes do corpo, nestes días imos aprender  o nome dos dedos da man que son moi especiais e divertidos.


Imos coñecelos!!!





luns, 17 de outubro de 2022

DE CONCERTO

O venres gozaremos do concerto de Pakolas.
Que bo xeito de comezar o noso proxecto da música! 
O longo da semana traballaremos para coñecer o seu último traballo, o libro-cd de música infantil “Ramona Órbita. A dona do Tempo”, unha personaxe inspirada na súa bisavoa Ramona. Esta é unha muller ben curiosa e sobre todo preocupada polo medio ambiente e por protexer a natura, e mellorar o noso futuro. 
Ben seguro que gustaredes de coñecela!

Canción




Letra da canción




Creación plástica


                                                                         Outra versión





xoves, 13 de outubro de 2022

UN APARELLO TECNOLÓXICO

 SABEDES QUE É ISTO?


los costos: LOS COSTOS
Seguro que si.  Hoxe na aula comezamos a investigar sobre este aparello.   
Animádevos a seguir trebellando na casa con este aparello. No seguinte documento tedes toda a información para seguir investigando.


  
O longo do curso traballaremos moito coa calculadora.

xoves, 6 de outubro de 2022

POR QUE HAI QUE RECICLAR?

SABES A COR DO COLECTOR?

Preme nas seguintes imaxes para ver os vídeos.

OS TRES ERRES

domingo, 2 de outubro de 2022

ANIVERSARIOS

No mes de setembro tivemos dous días moi importantes, o aniversario de Joel e o de María.

 Así é como celebramos os aniversarios. Facendo invitacións e felicitacións. Escribimos, debuxamos, coloreamos, cantamos e bailamos ao ritmo de Uxía Lambona e a banda molona.

preme na imaxe