Continuamos coñecendo o noso corpo por dentro.
APARATO DIXESTIVO
Hoxe foi moi gracioso, comezamos contestando a pregunta, por que facemos caca?
Aquí vos deixo uns vídeos.
Así funciona o aparato dixestivo.
Continuamos coñecendo o noso corpo por dentro.
APARATO DIXESTIVO
Hoxe foi moi gracioso, comezamos contestando a pregunta, por que facemos caca?
Aquí vos deixo uns vídeos.
Así funciona o aparato dixestivo.
Os aniversarios son unha importante celebración na que aproveitamos para reflexionar sobre o proceso escritor, facemos escritura en borrador, revisión e presentación a limpo da felicitación e invitación.
Neste pasado mes tivemos de aniversario a Raúl, Noa Ruibal e Nabia.
Lemos a invitación
Cantamos
UN CONTO
Unha das actividades que levamos a cabo no faladoiro de hoxe foi contar a historia do Samaín.
Que sorpresa, non a coñecíamos!
24 de outubro "Día das bibliotecas escolares" e como non podía ser doutro xeito os nenos e nenas fixemos actividades relacionadas con este tema.
Imaxinamos como será a biblioteca máis bonita do mundo.
Aínda que a nosa biblioteca é preciosa descubrimos que hai un conto en Portugués que nos fala de como é a biblioteca Lello de Oporto, unha das máis máxicas e bonitas do mundo, máis que unha biblioteca ou libraría parece un lugar de conto.
Portada do conto.
vídeo
Así quedou o noso punto de reciclaxe. Tamén fixemos uns libros para levar a casa con información e decoramos os colectores cos nosos amigos os monstros.